Os resultados de investigación pódense protexer de diversas maneiras, atendendo á natureza dos mesmos:
Unha patente é un contrato cunha administración dun país ou cun organismo internacional que outorga un dereito de fabricación e comercialización dunha invención nun territorio en exclusiva, impedindo con iso que ninguén máis poida fabricalo ou comercializalo durante un período máximo de 20 anos. Para que unha patente sexa concedida debe cumprir cos seguintes requisitos:
A invención proposta non era publicamente coñecida antes da presentación da solicitude de protección.
A invención non resulta obvia para un experto na materia.
Pódese fabricar ou utilizar en calquera tipo de industria.
Calquera publicación, documento, congreso ou divulgación científica antes do rexistro da solicitude de protección podería invalidar a patente. Publicar e solicitar unha patente son compatibles sempre que se manteña unha orde adecuada, primeiro protexer e logo publicar. Unha correcta protección dos resultados de investigación é básica para permitir unha posterior transferencia de resultados, pero o proceso non termina cando se tramita unha patente. Ten que haber unha transferencia de Know-how e de aplicabilidade onde a participación do investigador é fundamental.
Co obxectivo de notificar á Unidade de Innovación unha invención, deseñáronse as seguintes Fichas de Declaración de Invención/ Dereitos de autor, segundo sexa a natureza da mesma. Ademais avaliarase a posibilidade de presentar unha solicitude de patente.

Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.