A investigación e innovación responsables (RRI pola súa sigla en inglés) é un enfoque desenvolvido nos últimos anos e consolidado internacionalmente que persegue anticipar e avaliar as implicacións potenciais e as expectativas sociais con respecto á investigación e a innovación (I+i), co obxectivo de que sexan inclusivas e sostibles.
A RRI (en inglés, Responsible Research and Innovation) persegue una ciencia máis aberta e máis conectada, de xeito que se reduza a brecha existente entre o ámbito científico e a sociedade. Promove que os diversos actores sociais (investigadores, cidadáns, responsables políticos, empresas, etc.) se impliquen e colaboren para aliñar mellor os resultados da I+I cos valores, necesidades e expectativas das persoas.
A RRI baséase en seis principios: educación científica, igualdade de xénero, acceso aberto, gobernanza, ética e participación cidadá. Dende o IIS Galicia Sur promóvense estes principios e se implementan a través de diversas iniciativas.
A investigación e a innovación deben respectar os dereitos fundamentais e rexerse por estándares éticos máis esixentes para garantir que los resultados obtidos sexan aceptables e relevantes para la sociedade.
As accións e iniciativas promovidas dende o IISGS son as seguintes:
Implica romper cos estereotipos de xénero e fomentar grupos de investigación e institucións con igualdade de xénero, especialmente ns órganos de toma de decisións. Promove amais ter en conta a dimensión de xenéro en investigación e innovación, para mellorar a calidade e a relevancia social dos resultados.
As accións e iniciativas promovidas dende o IISGS son as seguintes:
• O IIS Galicia Sur desenvolveu a súa política de Ciencia Aberta co fin de fomentar o acceso libre e sen restricións ao coñecemento científico, no referente a publicacións, datos, resultados, recursos e outros elementos relativos ás actividades de I+D+i.
• Tamén se recopilan recursos de interese relacionados con esta temática, que poden consultarse na sección de Ciencia Aberta
Céntrase na mellora do proceso educativo para dotar á cidadanía das competencias e coñecementos necesarios para que podan participar na formulación de políticas científicas, na toma de decisións e afrontar os retos sociais.
Dende o IISGS se realizan as seguintes actividades relativas á educación científica e divulgación:
As institucións teñen a responsabilidade de implementar unha estrutura organizativa que contemple aspectos relativos a la RRI.
A RRI busca mellorar e promover a participación da sociedade, para dar voz e escoitar á cidadanía e para que esta teña un papel máis relevante e inclusivo en todas as fases da investigación e a innovación.
Co fin de favorecer unha ciencia máis diversa e inclusiva e que teña en conta as inquietudes e expectativas da sociedade, el IISGS desenvolveu os seus Plans Estratéxicos baseándose nun proceso participativo no que se contou coa opinión e punto de vista dun elevado número de axentes e entidades, tanto internas como externas á organización, entre elas asociacións de pacientes. Os resultados e conclusións obtidos tivéronse en conta para elaborar o informe de revisión da priorización da investigación, tanto no seu enfoque actual como na definición de accións a futuro.
Ademais, dende o IISGS realízanse diferentes actividades:
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.