Política de Privacidade

RESPONSABILIDADE SOBRE A INFORMACIÓN 
O IISGS non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos das ligazóns a páxinas externas ás que se fai referencia na web.

O IISGS reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

REPRODUCIÓN DE CONTIDOS
A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.

CONTAS DE CORREO
O IISGS non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través das distintas direccións de correo electrónico que aparecen nestas páxinas. A información obtida a través das contas de correo contidas nestas páxinas ten carácter simplemente informativo, sen que en ningún caso se poida derivar da mesma ningún efecto xurídico vinculante.

SERVIZO
Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.

TERMOS DE USO
Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibida a copia, distribución ou uso separadamente do texto ou resto de imaxes que o acompañan, dos gráficos, iconas, logotipos e imaxes dispoñibles neste Sitio web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade, agás que exista algunha función especificamente comercial inherente a algún servizo da páxina.

O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.