10/06/2026

Celebración 25 Aniversario do Centro Tecnolóxico do Mar – CETMAR

O Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR celebra o seu 25 aniversario este xuño. Para celebralo, organiza diferentes actividades para conmemorar esta efeméride:

LonxaLAB: venres, 12 de xuño (10.30 a 20.00 h), na explanada diante da sede do CETMAR · Rúa Eduardo Cabello S/N -Bouzas 36208 Vigo.  Feira que achegará a ciencia mariña a través de diferentes obradoiros, xogos e actividades para todos os públicos e relacionadas coa contaminación mariña, a pesca sostible, a captura accidental de especies, ou a observación e o ruido mariño, entre outros. Os visitantes poderán conteplar os elementos expostos para a ocasión, como unha maqueta de batea, un faro, unha gamela ou a cabina do Caneliña: Esta embarcación foi a primeira lancha a motor adoptada polos veciños da Illa de Ons para substituír a tradicional dorna. O último propietario e patrón da Caneliña foi Julio Riobó, quen no ano 2012 decidiu doar a embarcación ao Museo Massó para que se puidese incorporar á súa colección.

VII edición da Regata Solar: sábado, 13 de xuño, (11:30 a 14.00 h) na praia de Bouzas. Estudantes de Bacharelato que deseñaron e construíron as embarcacións impulsadas por enerxía solar competirán polo premio final en diversas regatas, co apoio dos seus profesores, organizada pola asociación A Industriosa co apoio da empresa Marine Instruments, Desde as 9.00 h da mañá, a rapazada terá expostos os seus barcos para amosalos ante o xurado e realizará probas libres. A regata será visible dende o paseo marítimo de Bouzas.

ORGANIZACentro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR

MODALIDADPRESENCIAL

FECHA12 e 13 de xuño de 2026

ACCESOLIBRE

LUGARVigo

CONTACTOcomunicacion@cetmar.org