Acto de presentación oficial do Instituto de Investigación en Saúde Global e Desenvolvemento Sostible – iTERRA da USC
MÁIS INFORMACIÓN E PROGRAMA | INSCRICIÓNS
Acto oficial de presentación do iTERRA: un instituto de investigación interdisciplinar centrado na saúde global e o desenvolvemento sostible, que integra capacidades científicas en ámbitos como saúde humana e animal, alimentación, sustentabilidade ambiental e tecnoloxías avanzadas, promovendo unha aproximación conectada aos grandes retos contemporáneos desde a perspectiva One Health e da sostibilidade. O Instituto nace coa vocación de converter o territorio nun espazo de innovación e colaboración entre universidade, administracións, tecido produtivo e sociedade, impulsando investigación con impacto real desde Galicia e con proxección internacional.
Data e lugar: 2 de xuño de 2026, ás 12.00 h no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra, Av. Carvallo Calero, s/n, 27002 Lugo
Prégase confirmación da asistencia antes do venres 29 de maio a través do formulario de inscrición.
ORGANIZAInstituto de Investigación en Saúde Global e Desenvolvemento Sostible iTERRA
MODALIDADPRESENCIAL
FECHA2 de xuño de 2026 (12.00 h)
LUGARLugo
ASISTENCIAPrevia inscrición
CONTACTOiTERRA.direccion@usc.gal
