13/01/2026

Ciclo: Pontevedra, quen pasa? 6 expertos en saúde, 6 meses – Intelixencia Artificial

MÁIS INFORMACIÓN E PROGRAMA

O Grupo de Investigación Idara do IIS Galicia Sur, en colaboración coa Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur e o propio Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, organiza o ciclo de encontros Pontevedra, quen pasa? 6 expertos, 6 meses, unha iniciativa, coordenada polo doutor Juan Turnes, xefe do Servizo de Dixestivo da Área Sanitaria de Pontevedra e Salnés e investigador principal do Grupo Idara; que quere ofrecer a posibilidade de compartir unha xornada con expertas e expertos de relevo internacional no ámbito da investigación en Saúde en aberto e  para toda aquela persoa que desexe asistir.

A entrada é libre ata completar aforo, aínda que algún destes eventos precisará inscrición previa.

 

A última destas sesións, titulada Intelixencia Artificial, organizarase en DOUS días da seguinte maneira :

Xoves, 25 de xuño (de 18.30 a 19.45 h) Liceo casino de Pontevedra ( Rúa Manuel Quiroga, 21, 36002 Pontevedra)

  • Charla Aberta á Cidadanía: IA, unha oportunidade evolutiva
    • Expertos:
      • Dr. Julio Mallol, cirurxián e investigador traslacional; catedrático de Cirurxía na Universidad Complutense de Madrid, xefe de Sección no Hospital Clínico San Carlos e unha das voces máis recoñecidas en innovación sanitaria, transformación dixital e intelixencia artificial aplicada á cirurxía e á saúde.
      • Prof. Senén Barro: director do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC.
    • Moderador: Dr. Juan Turnes, xefe do Servizo de Aparello Dixestivo do Hospital Público Montecelo, Pontevedra.

Acceso gratuíto sen inscrición previa. Público xeral, aberto a toda a cidadanía.

Venres, 26 de xuño (de 08.15 a 12.00 h)

  • 08.15 a 09.30 h  Salón de Actos do Hospital Público Montecelo – Pontevedra
    • Clase maxistral: Pero ti non empregas a IA?
      •  Dr. Julio Mallol, cirurxián e investigador traslacional; catedrático de Cirurxía na Universidad Complutense de Madrid, xefe de Sección no Hospital Clínico San Carlos e unha das voces máis recoñecidas en innovación sanitaria, transformación dixital e intelixencia artificial aplicada á cirurxía e á saúde.

 

  • 10.00 a 12.00 h – Aulas habilitadas do Hospital Publico Montecelo – Pontevedra
    • Meet & Greet encontro individualizado co Dr. Julio Mallol.

Acceso gratuíto previa inscrición en grupo.idara@iisgaliciasur.es. Só para profesionais sanitarios ou sociosanitarios.

Sesión certificada por ACIS para profesionais do SERGAS. Código de inscrición para certificado: 2623522.
Público recomendado: profesionais sanitarios ou sociosanitarios.

 

EVENTOS PASADOS
24 de xaneiro: Alcol e Saúde
  • Experto: Prof. Ramón Bataller
24 de frebreiro: Páncreas
  • Experto: Dr. Enrique de Madaira.
24 de marzo: Fígado graxo
  • Experto: Dr. Javer Crespo.
21 e 22 de abril: Cancro de colon
  • Experta: Dra. María Pellisé
26 de maio: Enfermidade Inflamatoria Intestinal
  • Experta: Dra. Pilar Nos

ORGANIZAGrupo de Investigación Idara do IIS Galicia Sur, Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur

MODALIDADPRESENCIAL

FECHA25 e 26 de xuño de 2026

ACCESOLibre/Previa inscrición

LUGARPontevedra

CONTACTOgrupo.Idara@iisgaliciasur.es

VER CARTEL