03/02/2026

Curso de Formación en Exploración Ecográfica del Sistema Cardiovascular Fetal Extendido Basado en ALEESCA

PROGRAMA     |     VER CARTEL

El plazo de inscripción permanecerá abierto hasta del 10 de abril de 2026

INTRODUCIÓN

As cardiopatías conxénitas representan a malformacións estructurais fetais máis frecuentes e constitúen unha das principais causas de morbilidade e mortalidade perinatal. O seu diagnóstico precoz mediante as técnicas de cribado ecográfico realizadas durante a xestación, permiten unha mellor planificación asistencial, asesoramento familiar e intervención terapéutica temperá. A incorporación de novas metodoloxías como ALEESCA (algoritmo de exploración ecográfica do sistema cardiovascular fetal mediante cortes axiais) supoñen avances relevantes no cribado ecocardiográfico fetal.

Este curso proporciona unha actualización teórica sobre o estado actual do cribado das cardiopatías conxénitas e ofrece, a través e talleres prácticos, a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos en situacións simuladas e modelos anatómicos.

OBXECTIVOS

  • Coñecer o panorama epidemiolóxico das cardiopatías conxénitas en Galicia e o seu impacto na atención perinatal.
  • Comprender as bases do cribado ecográfico no primeiro, segundo e tercer trimestres, así como os criterios diagnósticos principais.
  • Adestrarse na identificación das estruturas cardíacas mediante os cinco cortes axiais básicos.
  • Explorar os fundamentos e vantaxes da metodoloxía ALEESCA aplicada á práctica clínica.
  • Aplicar de maneira práctica os coñecementos teóricos mediante modelos anatómicos e simulación ecográfica.
  • Reforzar a interpretación e análise das anomalías cardiovasculares máis prevalentes mediante a práctica guiada.
  • Desenvolver habilidades prácticas mediante talleres en grupos reducidos.
  • Favorecer o traballo multidisciplinar, mediante a mellora da coordinación entre os obstetras e os cardiólogos pediátricos, para optimizar o manexo fetal e perinatal integral.

DIRIXIDO A

    • Facultativos especialistas de área de Obstetricia e Xinecoloxía.
    • Facultativos especialistas de área de Cardioloxía Infantil.

ORGANIZAServizo de Obstetricia e Xinecología da Área Sanitaria de Vigo

MODALIDADPRESENCIAL

FECHAviernes, 24 de abril de 2026

LUGARSalón de Actos del Hospital Público Álvaro Cunqueiro - Vigo

CONTACTOYolanda.Cunarro.Lopez@sergas.es