23/05/2025

Curso Horizonte Europa para pemes sen experiencia

WEB DO EVENTO    |    PROGRAMA    |    PRE-INSCRICIÓN

A Axencia Galega de Innovación, dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network, pon en marcha o próximo 2 de xuño un programa formativo on-line dirixido a formar ás pemes galegas no programa Horizonte Europa.

Este programa formativo consta dun curso dirixido a pemes sen experiencia previa na participación no programa Horizonte Europa (11,5 horas). Ademais aquelas pemes que teñan unha idea de proxecto poderán recibir unha titorización online de 30 minutos de duración previa remisión da súa idea de proxecto.

Para que a formación se poida desenvolver dunha maneira máis efectiva e personalizada o número de prazas é limitado.

A selección das entidades realizarase en base á información desta ficha de selección (zip) a cal debe enviarse, unha vez feita a pre-inscrición, ao correo galactea.gain@xunta.gal.

ORGANIZAGAIN

MODALIDADONLINE

FECHAlunes, 2 de junio de 2025 — lunes, 9 de junio de 2025

LUGAROnline

ASISTENCIAConsultar bases de inscripción

CONTACTOgain@xunta.gal