07/10/2026

Curso IA para a Transferencia de Coñecemento

MÁIS INFORMACIÓN     |    INSCRICIÓN     |     PROGRAMA

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN) organiza unha nova o curso IA para a Transferencia de Coñecemento. Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, dentro das actuacións orientadas a reforzar as capacidades dos profesionais da valorización e comercialización de resultados de investigación mediante un uso estratéxico, seguro e ético da intelixencia artificial.

O curso aborda a aplicación da IA como ferramenta de apoio á experiencia profesional, con especial atención á IA xerativa, á automatización de fluxos de traballo, á validación de resultados, á privacidade e protección de datos, á propiedade intelectual, á ética e á gobernanza. A formación combinará demostracións, exercicios prácticos e casos específicos para facilitar a aplicación destas ferramentas aos procesos de transferencia de coñecemento.

Cunha duración total de 15 horas, esta formación gratuíta curso está acreditado pola Alliance of Technology Transfer Professionals (ATTP) e proporciona 15 puntos para a obtención da acreditación Registered Technology Transfer Professional (RTTP). O curso impartirase integramente en inglés e o número de prazas é limitado. Terán prioridade de acceso os profesionais de valorización e transferencia de coñecemento en proceso de acreditación, así como os profesionais xa acreditados.

Data e lugar: martes 27 e mércores 28 de outubro de 2026, en horario de 09:15 a 18:30 h, nas instalacións de FEUGA en Santiago de Compostela (Rúa de Lope Gómez de Marzoa, s/n).

O prazo de inscrición remata o día 15 de outubro de 2026 ás 14:00 h.

ORGANIZAAxencia Galega de Innovación - GAIN

MODALIDADPRESENCIAL

FECHA27 e 28 de outubro de 2026

LUGARSantiago de Compostela

ASISTENCIAConsultar bases de inscripción

CONTACTOignicia.gain@xunta.gal