Curso online: Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i
MAIS INFORMACIÓN | PROGRAMA | INSCRICIÓN
A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza unha nova edición do curso «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i». Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional dos investigadores e investigadoras dos centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D+i en aspectos relacionados coa comercialización de resultados da I+D.
Este curso, de carácter gratuíto, está dirixido a persoal investigador posdoutoral, a investigadores/as contratados/as con cargo a proxectos de Universidades e Organismos Públicos de Investigación, así como a investigadores/as e tecnólogos/as dos Centros Tecnolóxicos. O seu obxectivo é introducir ao persoal investigador nas bases da transferencia de coñecemento e a comercialización de resultados da I+D, ademais de contribuír ao desenvolvemento das seguintes capacidades: comprensión do valor da innovación e da investigación traslacional académica, as habilidades para presentar a investigación e conectar coa industria, e as estratexias para mellorar a produtividade da innovación nun entorno académico.
Cunha duración total de 36 horas, distribuídas en 12 sesións de 3 horas cada unha, o curso desenvolverase entre o 29 de setembro e o 15 de decembro de 2021 en horario de 10:00 h a 13:00 h. O programa de contidos estrutúrase en 3 módulos que serán impartidos integramente en inglés: «Fundamentos sobre transferencia de coñecemento» (15 horas), «Comunicación e presentación da investigación» (9 horas) e «Ecosistema de innovación, impacto e colaboración» (12 horas).
ORGANIZAGAIN · Fundación Barrié
MODALIDADONLINE
FECHAmiércoles, 29 de septiembre de 2021
LUGAROnline
ASISTENCIAConsultar bases de inscripción
