Curso Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i
MÁIS INFORMACIÓN E PROGRAMA | INSCRICIÓN
A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN) organiza unha nova edición do curso Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i. Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, dentro das actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional do persoal investigador dos centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D+i en aspectos relacionados coa colaboración e financiamento de actividades I+D+i, a valorización do coñecemento e a comercialización de resultados da investigación.
O curso está dirixido a persoal investigador posdoutoral e contratado con cargo a proxectos de universidades e organismos públicos de investigación, así como a persoas investigadoras e tecnólogas dos centros tecnolóxicos.
O seu obxectivo é realizar unha aproximación á situación do Sistema Galego de Innovación e presentar as diferentes opcións dispoñibles para facilitar e mellorar a interacción entre o sistema científico e o tecido socioeconómico e produtivo.
Cunha duración total de 15,5 horas, esta formación gratuíta desenvolverase en tres sesións presenciais os venres 2, 9 e 16 de outubro en horario de mañá na sede de FEUGA, Rúa de Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
O prazo de inscrición remata o día 23 de setembro ás 14:00 h.
ORGANIZAAxencia Galega de Innovación -GAIN
MODALIDADPRESENCIAL
FECHA2, 9 e 16 de outubro de 2026
LUGARSantiago de Compostela
ASISTENCIAConsultar bases de inscripción
CONTACTOignicia.gain@xunta.gal
