02/09/2025

Curso «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i»

MÁIS INFORMACIÓN E PROGRAMA     |    INSCRICIÓN

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN) organiza unha nova edición do curso Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i. Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, dentro das actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional do persoal investigador dos centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D+i en aspectos relacionados coa colaboración e financiamento de actividades I+D+i, a valorización do coñecemento e a comercialización de resultados da investigación.

O curso está dirixido a persoal investigador posdoutoral e contratado con cargo a proxectos de universidades e organismos públicos de investigación, así como a persoas investigadoras e tecnólogas dos centros tecnolóxicos.

O seu obxectivo é realizar unha aproximación á situación do Sistema Galego de Innovación e presentar as diferentes opcións dispoñibles para facilitar e mellorar a interacción entre o sistema científico e o tecido socioeconómico e produtivo.

Cunha duración total de 15,5 horas, esta formación gratuíta desenvolverase en tres sesións presenciais os días 26 de setembro, 3 e 10 de outubro en horario de mañá na Axencia Galega de Innovación.

O prazo de inscrición remata o día 17 de setembro ás 14:00 h.

ORGANIZAAxencia Galega de Innovación -GAIN

MODALIDADPRESENCIAL

FECHAviernes, 26 de septiembre de 2025 — viernes, 10 de octubre de 2025

LUGARAxencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela

ASISTENCIAConsultar bases de inscripción

CONTACTOignicia.gain@xunta.gal