Cursos de Verán da USC: LaTeX: documentos e presentacións científicas

MAÍS INFORMACIÓN E PROGRAMA | INSCRICIÓN
Organizado pola USC, esta actividade formativa estrutúrase en sesións enfocadas á elaboración de documentos de calidade tipográfica profesional como artigos, libros, traballos académicos…, de diferentes ramas de coñecemento (ciencias, humanidades, ensinanzas técnicas, etc.), manexando gráficos e incluíndo a elaboración de presentacións con Beamer. Empregarase unha ferramenta estable, multiplataforma e totalmente gratuíta, que permite manexar expresións científicas complexas que non son facilmente manipulables utilizando procesadores visuais.
Data e lugar: Do 20 ao 23 de xullo de 2026. Facultade de Matemáticas da USC. Rúa de Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
O prezo desta actividade é de 120 euros (Hai taxa reducida aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC: 70 €). O prazo de inscrición finaliza o 10 de xullo.
ORGANIZAUniversidade de Santiago de Compostela (USC)
MODALIDADPRESENCIAL
FECHADo 20 ao 23 de xullo de 2026
ACCESOInscripción previa
LUGARSantiago de Compostela
CONTACTOhttps://www.usc.gal/gl/contacto
