Cursos de Verán da USC: New Trends in Biomedicine (4ª Edición)

MAÍS INFORMACIÓN E PROGRAMA | INSCRICIÓN
Organizado pola USC, o curso de verán New Trends in Biomedicine, que chega á súa cuarta edición, propón unha actualización completa dos coñecementos máis recentes neste ámbito en constante evolución. Abordaranse temas como a bioloxía das células nai, a edición xenética, os novos modelos experimentais, a química biolóxica ou o papel da intelixencia artificial na investigación biomédica. O obxectivo é ofrecer unha visión global dos avances que están transformando o estudo e tratamento das enfermidades. As sesións serán impartidas por expertos de recoñecido prestixio, e debido ao seu carácter internacional, o curso desenvolverase en galego, español e inglés.
Data e lugar: Do 13 ao 17 de xullo de 2026 (Tódolos días de 09.00 a 13.00 h). Theater Room, CiMUS. Campus Vida Avenida Barcelona, s/n, 15782 Santiago de Compostela.
O prezo desta actividade é de 120 euros (Hai taxa reducida aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC: 70 €). O prazo de inscrición finaliza o 3 de xullo.
ORGANIZAUniversidade de Santiago de Compostela (USC)
MODALIDADPRESENCIAL
FECHADo 13 ao 17 de xullo de 2026
ACCESOInscripción previa
LUGARSantiago de Compostela
CONTACTOhttps://www.usc.gal/gl/contacto
