18/06/2026

Cursos de Verán da USC: Visualización e análise de datos con R

MAÍS INFORMACIÓN E PROGRAMA    |    INSCRICIÓN

Organizado pola USC, os obxectivos que se formulan para este curso son que os/as asistentes coñezan as funcionalidades básicas de R como programa para o tratamento estatístico de datos e que adquiran as habilidades necesarias para desenvolver análises estatísticas descritivas e inferenciais (estimación, contrastes e predicións). Tamén se darán a coñecer ferramentas de busca e axuda que permitan aos/ás asistentes afondar nos métodos dispoñibles de xeito autónomo.

Data e lugar: Do 20 ao 24 de xullo de 2026 (Tódolos días de 09.00 a 14.00 h).  Facultade de Matemáticas da USC. Rúa de Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

O  prezo desta actividade é de 120 euros (Hai taxa reducida aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC: 70 €). O prazo de inscrición finaliza o 10 de xullo.

ORGANIZAUniversidade de Santiago de Compostela (USC)

MODALIDADPRESENCIAL

FECHADo 20 ao 24 de xullo de 2026

ACCESOInscripción previa

LUGARSantiago de Compostela

CONTACTOuscveran-curso-r@usc.gal