17/06/2026

Foro Ignicia: O modelo de transferencia de coñecemento do Reino Unido. Políticas, organización e boas prácticas do ecosistema británico

MAÍS INFORMACIÓN    |    PROGRAMA    |    INSCRICIÓN

Esta xornada reúne a expertos internacionais en transferencia de coñecemento, innovación e valorización da investigación para analizar as políticas, os modelos organizativos e as boas prácticas que están a impulsar o impacto económico e social da ciencia. A través de experiencias de referencia procedentes do Reino Unido, o encontro abordará cuestións como: o desenvolvemento de políticas de fomento da valorización e da transferencia de coñecemento, a profesionalización da xestión da transferencia, os novos modelos de organización das estruturas de apoio á innovación e o papel das redes de excelencia na xeración de impacto.

No encontro participarán representantes de institucións líderes no ámbito da transferencia e da colaboración universidade-empresa no Reino Unido, entre elas UK Research and Innovation (UKRI), o National Centre for Universities and Business (NCUB), Knowledge Exchange UK (KEUK), o Government Office for Technology Transfer (GOTT), Oxentia e TenU, cuxas experiencias e enfoques contribuirán a enriquecer o debate sobre a innovación e a transferencia de coñecemento na nosa rexión.

Dirixido a: persoal directivo, investigador e xestor de universidades, centros de investigación, organismos públicos e outras entidades do Sistema Galego de I+D+i.

Data e lugar: xoves, 9 de xullo de 2026, de 09.30 a 14.30 h.  Hotel AC Palacio del Carmen Rúa das Oblatas, S/N, 15703 Santiago de Compostela

ORGANIZAGAIN

MODALIDADPRESENCIAL

FECHAXoves, 9 de xullo de 2026

ACCESOInscripción previa

LUGARSantiago de Compostela

CONTACTOgain@xunta.gal

VER CARTEL