12/01/2026

I Encontro da Rede de Investigación en Promoción da Saúde de Galicia (RIPS-GA)

MÁIS INFORMACIÓN     |     PROGRAMA

Desde a Cátedra de Vida Saudable da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP) da Consellería de Sanidade, ponse en marcha a Rede de Investigación en Promoción da Saúde en Galicia (RIPS-GA), unha iniciativa que busca fortalecer a investigación e a cooperación científica en torno aos estilos de vida e ás condutas de risco na comunidade galega.

Os obxectivos principais da rede son identificar aos investigadores e investigadoras e aos seus grupos de investigación activos que traballan en Estilos de Vida en Galicia; ademáis de promover encontros e xornadas de divulgación e formación, e visibilizar o traballo científico que se realiza en Galicia no ámbito da promoción da saúde. A RIPS-GA está concibida como un proxecto dinámico e en continua actualización, con revisións periódicas que permitirán manter actualizada a información e fortalecer os lazos entre os equipos de investigación.

Prégase inscrición previa a través do correo: catedra.vidasaudable@usc.es

Este primeiro encontro terá lugar o 15 de xaneiro, ás 09.45 h, na Aula Castelao da Facultade de Medicina da USC.

ORGANIZACátedra de Vida Saudable da USC

MODALIDADPRESENCIAL

FECHAjueves, 15 de enero de 2026 (9:45–14:45 h)

LUGARAula Castelao da Facultade de Medicina da USC rúa San Francisco s/n 15782, Santiago de Compostela

ASISTENCIAConsultar bases de inscripción

CONTACTOcatedra.vidasaudable@usc.es