II Encontro Oportunius
WEB DO EVENTO | PROGRAMA | INSCRICIÓN (para retransmisión en liña)
O obxectivo do encontro é dar a coñecer o impacto que están a ter as axudas do European Research Council (ERC) no impulso da ciencia de excelencia na nosa comunidade, e como a Xunta de Galicia está a contribuír a maximizar o devandito impacto a través do Programa Oportunius.
O evento estará presidido polo Vicepresidente segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia. Incluirá unha presentación da situación de España e Galicia nas axudas do ERC, así como das principais novidades para as convocatorias 2023; de seguido, abordarase o programa de apoio da Xunta de Galicia á comunidade científica para candidatos, finalistas e gañadores de axudas ERC. Por último, intervirán varios investigadores e investigadoras para trasladarnos a súa experiencia no desenvolvemento dos seus proxectos e o impacto na súa carreira profesional.
ORGANIZAAxencia Galega de Innovación
MODALIDADONLINE
FECHAmartes, 31 de mayo de 2022
LUGAROnline / Presencial
ASISTENCIAConsultar bases de inscripción
CONTACTOgain@xunta.gal
