Investigación de Excelencia e Competitividade Científica. O Impacto do Programa Oportunius en Galicia
WEB DO EVENTO | PROGRAMA | INSCRICIÓN
A Axencia Galega de Innovación celebra o martes 7 de xullo de 2026 o encontro: Investigación de excelencia e competitividade científica. O impacto do Programa Oportunius en Galicia.
A xornada abordará o papel do Programa Oportunius no impulso da investigación de excelencia en Galicia e a súa contribución á competitividade científica e á transformación do ecosistema galego de I+D+i.
Durante o encontro presentarase o Informe de Impacto do Programa Oportunius 2025 e celebrarase unha mesa redonda con persoal investigador e representantes de centros e universidades arredor do impacto do Programa e da súa contribución na evolución do ecosistema galego de investigación.
Data e lugar: martes, 7 de xullo de 2026, ás 12.30 h. Lugar: Sala Eisenman do Edificio CEM da Cidade da Cultura de Galicia Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela.
ORGANIZAAXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN (GAIN)
MODALIDADPRESENCIAL
FECHA7 de xullo de 2026
ACCESOInscrición previa
LUGARSantiago de Compostela
CONTACTOinforma.gain@xunta.gal
