26/02/2026

IV Xornada Galega de Saúde Pública

MÁIS INFORMACIÓN E PROGRAMAS    |    INSCRICIÓN

Nesta IV Xornada Galega de Saúde Pública proponse un espazo de reflexión e diálogo compartido no que, a través de mesas de debate, se abordará a situación actual e a proxección de futuro da saúde pública, mediante o enfoque One Health e a integración da investigación na práctica, o impacto das novas tecnoloxías – como a intelixencia artificial – e o uso estratéxico dos datos na mellora da xestión e da atención ás persoas.

No evento realizarase a entrega dos Premios FARO 2026, coa finalidade de recoñecer a excelencia, a innovación e o compromiso coa saúde pública, poñendo en valor o traballo e a dedicación das persoas e equipos que desenvolven iniciativas neste ámbito en Galicia.

Data e lugar: venres 13 de marzo de 2026, ás 09.30 h., no Salón de actos da Consellería de Sanidade, en Santiago de Compostela.

ORGANIZADirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade

MODALIDADPRESENCIAL

FECHAviernes, 13 de marzo de 2026

LUGARSantiago de Compostela

ASISTENCIAConsultar bases de inscripción

CONTACTOEscola.Saude.Publica@sergas.es