03/06/2026

Obradoiro e mentoring sobre avaliación do potencial comercial de tecnoloxías protexidas mediante patente

MÁIS INFORMACIÓN     |     PROGRAMA     |      INSCRICIÓN (Aberta ata o 15/06 ás 14.00 h)

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN) impulsa esta acción de capacitación sobre avaliación do potencial comercial de tecnoloxías protexidas mediante patente. O obxectivo desta iniciativa, que combina formación grupal con sesións de titorización, é capacitar ás persoas ou equipos participantes na aplicación dunha metodoloxía que permite analizar, avaliar e priorizar tecnoloxías patentadas en función da súa viabilidade comercial e da súa capacidade para xerar beneficios económicos e competitivos mediante a concesión de licenzas ou a venda.

Dirixida principalmente ao persoal xestor de transferencia e ao persoal investigador que desenvolve a súa actividade en universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos e outros axentes do ecosistema de innovación de Galicia. Poderase participar a título individual ou en equipo.

O programa combina unha formación grupal e sesións de mentoring individualizadas:

OBRADOIRO

Data e lugar: xoves, 25 de xuño de 2026, (de 09.30 a 14.30 h.) FEUGA, Rúa de Lope Gómez de Marzoa, s/n · 15705 Santiago de Compostela.

MENTORING

5 casos en xuño e xullo 2026, e 5 casos en setembro e outubro 2026 (10 horas por caso). Formato: online.

A inscrición finaliza o 15 de xuño de 2026, ás 14.00 h.

ORGANIZAAxencia Galega de Innovación (GAIN)

MODALIDADPRESENCIAL/ONLINE

FECHAXoves, 25 de xuño de 2026

LUGARSantiago de Compostela

ASISTENCIAPrevia inscrición

CONTACTO ignicia.gain@xunta.gal