02/03/2026

Programa Oportunius – Taller de preparación de propostas ERC 2026-2027

INFORMACIÓN    |    PROGRAMA     |     INSCRICIÓN

No marco do Programa OPORTUNIUS, iniciativa orientada a incrementar a participación galega no European Research Council (ERC), a Axencia Galega de Innovación ofrece servizos de revisión de propostas, así como formación para o persoal investigador vinculado centros de coñecemento do sistema rexional de I+D+i.

Neste contexto, o día 12 de marzo, de 10.00 a 18.00 h, organizarase un taller presencial dirixido á preparación de propostas ERC 2026-2027, que ten como obxectivo familiarizar aos participantes coas convocatorias do European Research Council (ERC) e proporcionar consellos e mellores prácticas para preparar propostas altamente competitivas.

O taller, que conta cun número de prazas limitado, terá lugar na sede de FEUGA en Santiago de Compostela e será impartido por Stewe Bekk e Malte Beringer, expertos cunha dilatada traxectoria na preparación e asesoramento de propostas ao ERC. Tamén participará Ignacio Insua, investigador adscrito ao CiQUS da Universidade de Santiago de Compostela, que compartirá cos asistentes a súa experiencia na preparación da súa Starting Grant, conseguida en 2024.

O programa e o formulario de inscrición xa están dispoñibles.

 A data límite de inscrición é o 6 de marzo, ás 14:00 horas.

ORGANIZAAxencia Galega de Innovación - GAIN

MODALIDADPRESENCIAL

FECHAjueves, 12 de marzo de 2026

LUGARFEUGA – Fundación Empresa Universidad Gallega. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

ASISTENCIAConsultar bases de inscripción

CONTACTOoportunius.gain@xunta.gal