Programa Oportunius – Taller de preparación de propuestas ERC 2025-2026
INFORMACIÓN | PROGRAMA | INSCRICIÓN
No marco do Programa OPORTUNIUS, iniciativa orientada a incrementar a participación galega no European Research Council (ERC), a Axencia Galega de Innovación ofrece servizos de revisión de propostas, así como formación para o persoal investigador vinculado ás tres universidades públicas galegas, ao CSIC e aos institutos de investigación sanitaria.
Neste contexto, o día 18 de marzo organizarase un taller presencial dirixido á preparación de propostas ERC 2025-2026, que ten como obxectivo familiarizar aos participantes coas convocatorias do European Research Council (ERC) integradas no Pilar I do Programa Horizonte Europa e proporcionar consellos e mellores prácticas para preparar propostas altamente competitivas.
O taller, que terá lugar na sede da Axencia Galega de Innovación, será impartido por Stewe Bekk e Malte Beringer, expertos cunha dilatada traxectoria na preparación e asesoramento de propostas ao ERC. Tamén participará Manuel Souto, investigador Oportunius adscrito ao CiQUS da Universidade de Santiago de Compostela, que compartirá cos asistentes a súa experiencia na preparación da súa Starting Grant, conseguida en 2021.
O número de prazas é limitado.
O programa e o formulario de inscrición xa están dispoñibles.
A data límite de inscrición é o 12 de marzo, ás 14:00 horas.
ORGANIZAAxencia Galega de Innovación -GAIN
MODALIDADPRESENCIAL
FECHAmartes, 18 de marzo de 2025 (10:00–18:00 h)
LUGARAxencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela
ASISTENCIAConsultar bases de inscripción
CONTACTOoportunius.gain@xunta.gal
