Programa Oportunius – Train the trainers: Programa de apoio á preparación de propostas ao ERC
INFORMACIÓN | PROGRAMA | INSCRICIÓN
O persoal da institución especializado en proxectos europeos, xoga un rol crítico á hora de guiar a os/as investigadores/as a través da complexidade das axudas do ERC. A mellora dos seus coñecementos sobre os criterios únicos de avaliación do ERC, os seus procesos característicos e as súas expectativas, pode maximizar significativamente a calidade das propostas e resultar clave para o éxito.
A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, organiza os días 19 e 20 de marzo un taller dirixido a xestores de proxectos, que traballen ou vaian traballar no ámbito dos proxectos europeos e particularmente no asesoramento de convocatorias ERC, e que estean vinculados ás tres universidades públicas galegas, ao CSIC ou aos institutos de investigación sanitaria.
Esta formación ten como obxectivo dotar a este perfil da visión, ferramentas e estratexias necesarias para asistir ao persoal investigador na preparación de propostas gañadoras.
O taller, que terá lugar na sede da Axencia Galega de Innovación, será impartido por Stewe Bekk e Malte Beringer, expertos cunha dilatada traxectoria na preparación e asesoramento de propostas ao ERC.
O número de prazas é limitado.
A data límite de inscrición é o 13 de marzo.
ORGANIZAAxencia Galega de Innovación - GAIN
MODALIDADPRESENCIAL
FECHAmiércoles, 19 de marzo de 2025 (10:00 h) — jueves, 20 de marzo de 2025
LUGARAxencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela
ASISTENCIAConsultar bases de inscripción
CONTACTOoportunius.gain@xunta.gal
