Taller online preparación propostas ERC (Starting Grants 2023)
WEB DO CURSO | PROGRAMA | INSCRICIÓN
Dentro das actividades do Programa OPORTUNIUS, orientado a incrementar a participación galega nos programas do European Research Council – ERC, a Axencia Galega de Innovación ten dispoñible un servizo de revisión e análise de candidaturas para as convocatorias do ERC, así como a realización de accións formativas para persoal vinculado a entidades galegas de investigación.
O día 29 de xuño celebrarase un taller online de preparación de propostas dirixido á convocatoria Starting Grants 2023, no que participarán Estefanía Muñoz, National Contact Point ERC da FECYT; Jorge de Torres, do Instituto de Ciencias del Patrimonio, INCIPIT – CSIC, beneficiario dunha Starting Grant en 2019; así como Graciela Garrido e María Gómez-Reino, de ECONET, empresa cunha longa traxectoria na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC.
A convocatoria Starting Grants está destinada a persoal investigador con entre 2 e 7 anos de experiencia dende a finalización do doutoramento e cunha traxectoria profesional científica moi prometedora. Dentro deste esquema de financiamento as axudas poden acadar o 1,5 M € durante un máximo de 5 anos.
ORGANIZAAxencia Galega de Innovación
MODALIDADONLINE
FECHAviernes, 29 de julio de 2022
LUGAROnline
ASISTENCIAConsultar bases de inscripción
CONTACTOoportunius.gain@xunta.gal
