09/09/2022

Xornada on-line: As patentes como fonte clave de información técnico-comercial

O CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2022 un ciclo formativo de varias actividades, dirixidas específicamente a incrementar o coñecemento das empresas. Esta nova xornada estará adicada ás patentes como fonte de información.

A vixilancia estratéxica de patentes permite ás empresas dispor de información sobre o estado da arte das tecnoloxías, coñecer os novos desenvolvementos dos competidores e evitar a re-enxeñería de deseño ou procesos cos seus elevados custos asociados, así como posibles infraccións por violación da protección industrial de terceiros.

Este taller será impartido por SERGIO LARREINA, Director de Consultoría Estratéxica en ISERN Patentes y Marcas. Conta con 18 anos de experiencia e é profesor no Máster de Inteligencia Competitiva da Universidade de Zaragoza.

Nesta xornada trataranse os seguintes temas:

  • Definición de patente e modelo de utilidade.
  • Definición da contorna: variables.
  • Información contida nunha patente e outros documentos de propiedade industrial.
  • Como buscar patentes nos repositorios nacionais e privados.
  • Tratamento e análise da información.
  • Beneficios da vixilancia e a análise de patentes.
  • Aplicación a plans estratéxicos, financiamento público e investimentos.

Mais información

ORGANIZACIS Tecnoloxía e Deseño

MODALIDADONLINE

FECHAmiércoles, 5 de octubre de 2022 · 09:15h. a 12:00h.

LUGAROnline

ASISTENCIAConsultar bases de inscripción