17/11/2021

Xornadas de portas abertas do CINBIO no Campus de Ourense

MÁIS INFORMACIÓN

Con motivo da Semana da Ciencia (1 ao 14 de novembro de 2021) o CINBIO celebra as súas xornadas de portas abertas para achegar o traballo diario do seu persoal investigador á sociedade, co obxectivo de que a ciencia sexa máis accesible a todas as persoas.

O xoves 18 de novembro pola tarde terán lugar as xornadas de portas abertas no Edificio Politécnico do Campus de Ourense, onde teñen os seus laboratorios dous grupos máis do #teamCINBIO: o Grupo de Investigación Biomasa y Desarrollo Sostenible e o Grupo de Sistemas Informáticos de Nova Xeración (SING). O persoal investigador destes dous grupos levará acabo diferentes actividades para dar a coñecer a súa labor investigador a todas aquelas persoas interesadas.

Toda a información e o formulario de inscrición están dispoñibles en https://cinbio.es/cdecinbio

ORGANIZACINBIO

MODALIDADPRESENCIAL

FECHAjueves, 18 de noviembre de 2021

LUGAREdificio Politécnico do Campus de Ourense

ASISTENCIAConsultar bases de inscripción