Xornadas do Ciclo Europa: Consello Europeo de Innovación (EIC) en 2025
MAÍS INFORMACIÓN | INSCRIPCIÓN | PROGRAMA
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) organiza unha xornada 0 vindeiro 29 de xaneiro sobre os instrumentos de financiamento dispoñibles para 2025 do Consello Europeo de Innovación, en todas as súas modalidades: o EIC Accelerator, o EIC Pathfinder e o EIC Transition.
O Accelerator e o Pathfinder teñen como obxectivo identificar, desenvolver e implementar innovacións de alto risco de todo tipo, cubrindo toda a cadea da innovación e ofrecendo apoio a beneficiarios únicos (principalmente pemes) e consorcios multidisciplinares. Pola súa banda, o programa EIC Transition céntrase en actividades de innovación que van máis aló da proba experimental dun concepto no laboratorio, apoiando tanto a maduración como a validación de tecnoloxías novas desde o laboratorio ata as contornas de aplicación pertinentes.
Para explicar estes instrumentos contaremos cos Puntos Nacionais de Contacto de cada un deles, Luis Guerra, Marta Marín e Marta Herrero, que ademais manterán reunións bilaterais con aquelas entidades interesadas. Así mesmo, exporanse casos de éxito de entidades e investigadores galegos que acadaron estas axudas.
Xoves, 29 de xaneiro, ás 10.00 horas, nasede da Axencia Galega de Innovación (GAIN) Rúa Airas Nunes s/n (Santiago de Compostela).
ORGANIZAGAIN
MODALIDADPRESENCIAL
FECHAmiércoles, 29 de enero de 2025 (10:00–13:25 h)
LUGARSede GAIN r/Airas Nunes, s/n 15702 Santiago de Compostela
ASISTENCIAConsultar bases de inscripción
CONTACTOinforma.gain@xunta.gal
